Bandada
Esta obra, maxistral dende o punto de vista da técnica artística, é unha fermosa metáfora sobre a historia da humanidade. As aves representan as ambicións das persoas; as boas intencións que se tornan perversas. Aínda que un fulgor de esperanza resplandece no horizonte...
“Bandada” foi a obra gañadora do V Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado entre os 256 traballos que optaron ao certame, procedentes de 19 países. O relato, a base de frases breves e sutís, propón unha profunda reflexión sobre a historia da humanidade: o desenvolvemento dunha sociedade que inicialmente busca o coñecemento, o progreso técnico e científico, o benestar e un bo porvir, pero que nese tránsito perverte os seus principios, xera violencia e dominación dos fortes sobre os débiles. Dende o punto de vista estético, “Bandada” destaca polo simbolismo das ilustracións, protagonizadas por toda clase de paxaros humanizados, representados cun extraordinario detallismo, en branco e negro. O xurado -coa editora e investigadora Felicidad Orquín e mais o ilustrador Xan López Domínguez, entre outros- destacou o “virtuosismo” da técnica artística para conseguir imaxes dunha “extraordinaria calidade e forza expresiva”.
...Un lirismo poético, un xogo contraditorio e unha mensaxe de esperanza que se leva ao extremo dun xeito moi hábil, asociando as aves desta historia coa incapacidade natural das persoas para voar.
...Un lirismo poético, un xogo contraditorio e unha mensaxe de esperanza que se leva ao extremo dun xeito moi hábil, asociando as aves desta historia coa incapacidade natural das persoas para voar.
Otros idiomas:
Colección: Premio Compostela
Edad recomendada: A partir de 6 años
Páginas: 32
Tamaño: 22,5 x 33
ISBN: 978-84-8464-805-5
Premios : V PREMIO INTERNACIONAL COMPOSTELA PARA ÁLBUMS ILUSTRADOS - 2012
THE WHITE RAVENS - 2013
Os mellores libros para nenos e xoves (Banco do libro de Venezuela) - 2014