Ícaro
O álbum galardoado co VII Premio Internacional Compostela é unha fermosa alegoría sobre a liberdade. Realidade e fantasía converxen, abrindo as posibilidades de interpretación dunha historia debedora de Kafka e Hopper.
		Un neno chega a un centro de acollida e os asistentes intentan averiguar o paradoiro dos seus pais. Pero ao contrario do que estes cren, non se trata dun neno abandonado; o protagonista desta fermosa historia fainos partícipes doutra realidade, allea aos convencionalismos. “Ícaro”, o traballo galardoado co VII Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado, trata sobre o desexo de liberdade, a diferenza, a esperanza; a súa mensaxe identifícase con quen vai contracorrente, ante a incomprensión dos que o rodean, incapaces de ver máis aló do aparente. 
A obra de Federico Delicado transcorre paralelamente en dous planos distintos: por un lado, a realidade e as ciencias físicas ou sociais ao servizo do establishment; por outro, a fantasía e a arte como medios de expresión. Tamén se alternan dous momentos: un presente marcado pola incertidume, e un tempo anterior onde se contextualiza a situación desta familia. A nivel estético, diferéncianse polo predominio de tons apagados e de cores vivas, respectivamente, con imaxes que recordan a Hopper.
O texto, evocador do mito de Ícaro e da obra de Kafka, pódese ler en clave metafórica: a vontade como medio para afrontar situacións adversas, fabular sobre a propia vida como guión creativo. Porque non todo o que ocorre na realidade é verdadeiro. Porque nunca hai que ter medo a voar.
	
Otros idiomas:
                            Colección: Premio Compostela
                                        Edad recomendada: A partir de 8 años   
                                        Páginas: 40
                                        Tamaño: 27,5 x 22
                                        ISBN: 978-84-8464-903-8
                    
                                         Premios : VII PREMIO INTERNACIONAL COMPOSTELA DE ÁLBUM ILUSTRADO - 2014
THE WHITE RAVENS - 2015
LISTA DE HONRA IBBY (Ilustración) - 2016
PREMIO FUNDACIÓN CUATRO GATOS - 2016