A viaxe de Olaf
O peixe coa cola do revés, o cabalo alado, o tigre arco da vella... os seres fantásticos dun pequeno planeta seguen os pasos de Olaj. Ningún lle dixo que non.
		O protagonista deste relato acumulativo de estrutura repetitiva e circular é unha sorte de Principiño que, farto da soidade, emprende un camiño iniciático. Diversos animais fantásticos -de inspiración mítica e valor simbólico- vanlle facendo compaña e conformando un grupo heteroxéneo e compacto: o peixe que tiña a cola do revés, o cabalo alado, o tigre arco da vella, o elefante elegante... “A viaxe de Olaf” destaca pola profusión de colorido e pola harmonía coa que Martín León Barreto combina gamas cromáticas. Son ilustracións de formas xeométricas dotadas de movemento e dinamismo, e integradas como pezas dun complexo crebacabezas faunístico. 
A obra gañadora do IV Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado, organizado polo Departamento de Educación do Concello de Santiago e Kalandraka, axústase a un esquema baseado nos contos tradicionais: rimas, xogo de contrarios, diálogo reiterativo, oralidade... Olaf fainos partícipes dunha aventura a través do día e da noite, sobre a amizade e a xenerosidade.
	
Otros idiomas:
                            Colección: Premio Compostela
                                        Edad recomendada: A partir de 3 años   
                                        Páginas: 48
                                        Tamaño: 22 x 22
                                        ISBN: 978-84-8464-769-0
                    
                                         Premios : IV PREMIO INTERNACIONAL COMPOSTELA PARA ÁLBUMS ILUSTRADOS - 2011
THE WHITE RAVENS - 2012