Despois da chuvia
Un diluvio inunda o bosque e os seus habitantes terán que buscar refuxio. O pequeno raposo ofrécese para buscar comida e auga, pero o grupo non cre nas súas capacidades nin nas súas intencións.
“Despois da chuvia” é unha fábula moderna sobre a superación das adversidades, a adaptación ao medio e a colaboración duns cos outros para a supervivencia do colectivo. Un diluvio inunda o bosque e os seus habitantes terán que saír adiante nun improvisado refuxio. Un pequeno raposo ofrecerase para buscar comida e auga, pero o grupo non cre nas súas capacidades -nin nas súas intencións- e encomenda esas tarefas a outros animais. Na obra galardoada co VIII Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado están presentes a solidariedade e o traballo en equipo na busca do ben común, que non depende do luxo, senón de elementos esenciais -e mesmo inmateriais- para atender as necesidades básicas.
Nunha lectura máis profunda, o raposo -identificado na literatura e na cultura popular como un ser astuto e enganoso- motiva a desconfianza dos seus compañeiros, aos que este personaxe acabará sorprendendo cunha valiosa achega que supera as expectativas de todos. O protagonista deste relato enterneceranos coa súa inocencia cando -inxenuamente- pretende conseguir o inacadable.
Miguel Cerro presenta unha historia elaborada dende o estudo minucioso dos personaxes, a estrutura do relato clásico e a composición das perspectivas. Destaca o protagonismo da natureza e os contrastes cromáticos antes e despois do temporal, ou entre o día e a noite.

Otros idiomas:
Colección: Premio Compostela
Edad recomendada: A partir de 6 años
Páginas: 32
Tamaño: 19,5 x 29
ISBN: 978-84-8464-968-7
Premios : VIII PREMIO INTERNACIONAL COMPOSTELA DE ÁLBUM ILUSTRADO - 2015