Elefante comellón

Ordóñez, Rafael Taeger, Marc Traducción: Manuela Rodríguez

Unha fauna mansa e vexetariana aparece nas páxinas deste divertido xogo de palabras rimadas. Creados coa técnica do linogravado, animais e froitas forman un sorprendente mosaico de cores e formas.

“Elefante comellón” é un divertimento literario protagonizado por varios animais: o león, a pantera, a gacela, a galiña, a ra... a cada un antóxaselle unha froita e, percorrendo a sabana, buscan onde saciar o seu apetito. Trátase dun relato humorístico de estrutura acumulativa e repetitiva que establece un divertido xogo de palabras rimadas, polo que resulta especialmente indicado para ser contado a primeiros lectores. Rafael Ordóñez enriquece o texto con fragmentos narrativos e diálogos entre os personaxes, polo que o alcance desta obra faise extensivo tamén a lectores autónomos. Prolongando a brinca literaria, as ilustracións de Marc Taeger xogan coas cores e coas formas: os animais son representados con gamas cromáticas atípicas e figuras esquemáticas feitas artesanalmente coa técnica do linogravado, coa que logra un aspecto rústico para este álbum que transmite dinamismo.

...Unha fauna mansa e vexetariana que se completa coa aparición dun elefante comellón e insaciable.
Leer más
Leer menos
15,00 €

Otros idiomas: