A galiña roxa

Conto popular. A galiña atopou uns grans de trigo, sementounos, recolleu a colleita, foi ao muíño, forneou o pan... Pero nin o can, nin o gato nin o pato lle axudaron.

“A galiña roxa” é un conto tradicional moi estendido no mundo anglófono, cunha temática que nunca deixa de estar presente na vida cotiá: o valor do esforzo e da constancia -que sempre dan bos froitos- fronte á insolidariedade e á nugalla de quen está afeito a beneficiarse inxusta e inmerecidamente do traballo alleo. A diferenza da ansia da galiña roxa por sacar proveito duns grans de trigo, a actitude do can lacazán, do gato durmiñón e do pato barulleiro indica -polos adxectivos que definen os personaxes- que non está no seu ánimo colaborar nas tarefas necesarias: sementar, segar, recoller, moer, amasar... Faenas que, ademais de ser duras, transcorren nunha longa liña de tempo, a través das estacións, polo que tampouco a paciencia forma parte das cualidades de quen só se interesa por obter resultados inmediatos.

As ilustracións, de tons cálidos e ocres, revisten o texto dun tinte lúdico, con animais humanizados, orixinais elementos mecánicos e unha ambientación que reflicte a vida tradicional no campo.
Leer más
Leer menos
14,00 €