Os tres porquiños

E soprou, e soprou o lobo... e as casiñas de palla e de madeira esborrallaron. Pero, a casa de pedra? Adaptación do conto popular, cunha proposta plástica chea de detalles.

Casa de palla, casa de madeira, casa de pedra e ladrillo… Diferentes materiais para tres porquiños ben distintos entre si -un moi preguiceiro, outro algo traballador e outro moi traballador- que teñen unha cousa en común: o medo ao lobo. Un coñecido conto popular de estrutura repetitiva que invita a ler, contar, soprar e resoprar, como fixeron os protagonistas cando venceron a adversidade. Como todos os clásicos, destaca polo seu ritmo narrativo, propio da oralidade.

Esta adaptación sobresae tamén pola súa proposta plástica, de tonalidades cálidas e chea de detalles, tanto na arquitectura e na decoración dos espazos domésticos, como na expresividade dos personaxes.
Leer más
Leer menos
14,00 €