Corpos. As outras vidas do cadáver
Un texto para descubrir todas as vidas que lle esperan a un corpo despois da morte. Ilustración de cuberta: Adrià Fruitós
Os nosos corpos son a proba irrefutable da nosa existencia. É por isto que, cando falecemos, o único que perdura -aínda que temporalmente- son os nosos restos,
as nosas carcasas; rastros materiais da nosa existencia que producen efectos confusos de repulsión e fascinación. A humanidade, ao longo da historia, conservou os corpos despois da súa morte en forma de esqueletos, momias, corpos petrificados ou embalsamados, pero tamén en forma de reliquias, amuletos ou fármacos. E enxalzou as figuras, reais ou mitolóxicas, que se relacionan coa perpetuidade dos cadáveres: diletantes, científicos, verdugos ou vampiros.
No canto de relatar a historia humana a través da vida, Erica Couto-Ferreira convídanos a facelo a través da morte; non en van “a lóxica da existencia humana confirma que pasaremos máis tempo mortos que vivos”. A autora amósanos as formas en que se tratou os cadáveres, como se conservaron para a posteridade e mesmo como se escribiu sobre eles. Unha reflexión, en definitiva, sobre a última etapa da vida ao longo da historia: a morte.
Erica Couto-Ferreira ofrécenos en «Corpos. As outras vidas do cadáver» un periplo ameno, distendido e filosófico sobre a natureza humana e a súa relación coa eternidade. Un ensaio asombroso e fascinante para coñecer as formas nas que nos relacionamos coa vida despois da morte desde a Antigüidade, para descubrir as outras vidas que axexan tras a morte.





