Breve historia da escravitude

Walvin, James Traducción: Carlos Acevedo

Un ensaio ameno, rigoroso e incisivo que retrata un dos capítulos máis vergoñentos da historia; unha lacra que aínda perdura a través de formas modernas de escravitude.Ilustración de cuberta de ADRIÀ FRUITÓS

James Walvin escribiu «Breve historia da escravitude» en 2007, polo bicentenario da abolición da trata de escravos no Reino Unido e nas súas colonias. Experto nesta complexa materia, o autor presenta unha escolma de textos históricos que permiten achegarse á mentalidade de quen sostivo unha institución tan aberrante como moralmente aceptable, enfrontándoa coa visión crítica actual. A obra sitúanos con rigor ante un dos capítulos máis vergoñentos da historia e cuxas repercusións aínda perduran na actualidade, facendo unha reflexión sobre a relación entre a escravitude e o sistema económico capitalista occidental. Este libro parte do contexto histórico no que se produce o comercio de escravos, analiza as condicións de vida nesas comunidades e explica que sucedeu para que o Reino Unido pasase de ser líder mundial neste tráfico humano a ser pioneiro na súa abolición en todo o Imperio británico.

Para James Walvin, o verdadeiro desafío é integrar a historia da escravitude atlántica nunha historia máis amplia da abolición. Un dos debates céntrase na reparación, que se confunde cun problema financeiro, cando a clave é abordalo en clave histórica e aceptalo como un episodio doloroso para moitas persoas. Trátase dunha tese lúcida, concisa e amena, cun estilo áxil e incisivo, na que o autor fai campaña contra unha lacra que aínda non está completamente erradicada do mundo: Anti-Slavery International, con sede en Londres, é a entidade herdeira da Anti-Slavery Society, fundada en 1839. Como a súa predecesora, sostén un intenso labor a prol da liberación de máis de 40 millóns de persoas sometidas a formas modernas de escravitude: traballo infantil, explotación sexual, matrimonios forzosos…
Leer más
Leer menos
18,00 €

Otros idiomas: