Sobre a vida e a morte

Heath, Iona Traducción: Neila García


Que maneira de morrer queremos para nós e os nosos achegados? Como se enfronta a medicina ao ciclo natural da vida? Cando pasar do tratamento ao alivio? Un breve e lúcido ensaio arredor dunha morte máis doada e digna.

Counha contribucin de John Berger
Ilustración de portada de SONIA PULIDO

Son unha minoría as persoas que teñen o que se entende por unha “boa morte”. Iona Heath aborda a definición deste concepto e invita a pensar que forma de morrer queremos para nós e para os nosos seres queridos. “Ao falar con amigos e colegas, decátome de que moitos poden describir a súa participación nunha morte especial en concreto, na que a persoa moribunda parecía capaz de controlar e orquestrar o proceso e morrer cunha dignidade e calma que deixaba a todos os que a rodeaban, mesmo ao doutor, coa sensación de ser uns privilexiados por participaren nesa historia, e dalgún xeito estraño arrequecidos pola experiencia", explica a autora. Pero esa forma de pasamento é pouco habitual. Predominan os casos nos que a morte se produce nun contexto agresivo co paciente, sendo obxecto de manipulación e falta de respecto, cos acompañantes sometidos a un duro sufrimento.

Morrer é difícil; tamén o é ser médico e asistir cada día á agonía dos doentes, tomando conciencia constantemente dos límites da ciencia. Entre o paciente terminal e o doutor establécese unha estreita relación que conleva unha ardua tarefa: como dialogar con quen está próximo a marchar, como apoialo nese proceso inexorable sen sometelo a un inútil ensañamento terapéutico, como facer máis amable e digna a transición da vida á morte... «Sobre a vida e a morte» é unha obra necesaria, interesante e fermosa na que a autora expón o seu punto de vista sobre estas cuestións tan delicadas.

O escritor John Berger asina o limiar e tamén presenta «Doce teses sobre a economía dos mortos», con fondos pensamentos filosóficos: “Os mortos habitan un momento intemporal de construción que recomeza continuamente. A construción é o estado do Universo en calquera instante”.
Leer más
Leer menos
14,00 €

Otros idiomas: