Momentos estelares da humanidade
14 miniaturas históricas, 14 momentos ''brillantes e inmutábeis coma estrelas, iluminan co seu resplandor a noite do efémero''.
Ilustración de cuberta de ADRIÀ FRUITÓS
O relato da Historia da humanidade está suxeito á múltiples causas e azares, e mesmo os grandes personaxes históricos deben estudarse como un produto da realidade social da súa época. Porén, algúns sucesos ben datados incidiron de forma determinante no devir das sociedades e das culturas. Ao longo desta fascinante obra, Stefan Zweig reúne 14 miniaturas históricas; momentos en que -en palabras do propio autor- «o drama reviste formas inauditas, sublimes». Recorrendo a documentos históricos e reenchendo os espazos baleiros coa súa imaxinación, Zweig presenta episodios que abranguen dende o ano 44 a.C. con Cicerón como vítima e testemuña do derrocamento da res publica baixo a ditadura dos césares, ata 1919 cando o presidente Wilson fracasou no seu intento de acadar a paz en Europa trala I Guerra Mundial. Mais tamén aborda a conquista de Bizancio, a descuberta do océano Pacífico, a derrota de Napoleón en Waterloo, ou a viaxe de Lenin en 1917 no comezo da revolución soviética.
Publicado orixinalmente en 1927 tras dedicar máis de 20 anos a elaboralo, “Momentos estelares da humanidade” é quizais o libro máis coñecido deste escritor, apreciado pola súa gran capacidade narrativa, a pericia e a delicadeza na descrición dos sentimentos, e a elegancia do estilo, capaz de seducir dende as primeiras liñas. A arte da miniatura histórica acada nesta obra o seu cumio, con textos pensados para instruír deleitando, atendendo os aspectos dramáticos e ás traxedias no devir das persoas e dos pobos.
Cada un destes momentos estelares -escribiu Zweig- «determina a sorte de décadas e séculos», de xeito que a través deles tómase conciencia de cales foron os puntos de inflexión na Historia.

Colección: Ágora K
Edad recomendada: Lectores expertos
Páginas: 376
Tamaño: 13,5 x 20,5
ISBN: 978-84-16721-20-7