Abril é un país

Un traballo rigoroso que combina a investigación documental e a entrevista a moitos dos protagonistas da Revolución que logrou derrocar un réxime opresor. Unha análise abraiante do pasado de Portugal nun ensaio indispensable para comprender o espírito único do país veciño. Fotografía de cuberta: Eduardo Gageiro

O 25 de abril de 1974 a Revolución dos Caraveis rematou de forma incruenta cun réxime ditatorial que durante case cincuenta anos, baixo as ordes de António de Oliveira Salazar e de Marcelo Caetano, someteu o pobo portugués. O levantamento militar, liderado esencialmente polos mandos intermedios, non só veu determinado polo esgotamento da
ditadura salazarista no país, senón tamén por unha política colonial minada tras décadas de abusos e golpeada polas guerras de independencia. Cincuenta anos despois, a escritora e xornalista Tereixa
Constenla reconstrúe cun traballo minucioso, que inclúe
tanto a investigación documental como a entrevista a moitos
dos protagonistas da revolución, aquel xoves histórico no
que todo o mundo puxo a súa mirada nun fito que logrou
derrocar un réxime opresor. Unha análise abraiante
do pasado de Portugal, resumido neste ensaio indispensable
para comprender o espírito único do país luso.
Leer más
Leer menos
19,00 €

Otros idiomas: