Ai, Filomena, Filomena! e outros contos
Un clásico do creador de memorables programas infantís, renovado cunha proposta estética actual polo prestixioso gañador de varios Premios Nacionais de Ilustración. Os sorprendentes relatos deste libro son a máxima expresión da imaxinación e do nonsense.
Este libro de relatos breves e sorprendentes, publicado por primeira vez en 1977, foi a primeira obra de Miquel Obiols quen, cos anos, seguiu fiel ao seu estilo transgresor, rebelde e provocador, fronte a certa tendencia paternalista da literatura infantil, moralista e didáctica. Coa fantasía e coa imaxinación como eixes creativos, “Ai, Filomena, Filomena!” está cheo de exercicios lingüísticos, caligramas e brincadeiras de palabras. "Interésame a escritura como experimento, gústame recrear temas, xogar coa linguaxe", chegou a dicir Obiols sobre este volume innovador e atemporal. Inspirado por Lewis Carroll, Gianni Rodari e as técnicas do grupo OuLiPo (Ouvroir de Littérature Potentielle), o autor constrúe historias cun enxeño desbordante e cunha linguaxe sinxela, aínda que coidada e estudada. O resultado son oito contos sorprendentes que divirten dende o absurdo e o surrealismo.
As vivencias infantís -mesturadas coa realidade máis actual- son o xermolo destes mundos fantásticos: dende as palabras filoménicas ou as aventuras dos catacaramelos xigantes, ata as insólitas vacacións do planeta Terra ou os avatares dun pobo castigado polo verán, pasando pola drástica solución a unha cidade colapsada polos coches ou os trucos para cambiar de cabeza, sen esquecer as peripecias dunha familia de moblres humanizados ou o espectáculo circense onde un caballo ordea letras ao trote.
As ilustracións sublimes e vangardistas de Miguel Calatayud son o complemento ideal, pola súa dimensión simbólica e o seu peculiar xogo xeométrico e cromático, paralelo ao literario.

Otros idiomas:
Colección: 7 Leguas
Edad recomendada: A partir de 8 años
Páginas: 96
Tamaño: 15 x 23,5
ISBN: 978-84-8464-777-5
Premios : PREMIO CRÍTICA SERRA D'OR DE LITERATURA INFANTIL E XUVENIL