Libro das M'Alicias

Obiols, Miquel Calatayud, Miguel Traducción: Xosé Ballesteros

Esta Alicia díscola e irreverente vive nun mundo nada convencional, nun País das Marabillas surrealista e estrambótico. Unha obra clave dende o punto de vista artístico e narrativo.

“Libro das M’Alicias” é unha mostra de vangarda creativa para lectores de todas as idades. Este libro foi seleccionado no VI Simposio sobre Literatura Infantil e Xuvenil, organizado pola Fundación Germán Sánchez Ruipérez en xuño de 2000, como unha das cen obras da Literatura Infantil española máis representativas do século XX. Editado por primeira vez en 1990, é unha curiosa e divertida reescritura do personaxe de “Alicia no País das Marabillas”. Consta de doce historias curtas e disparatadas, cheas de humor e fantasía, nas que Miquel Obiols presenta unha nova protagonista -díscola e irreverente- do relato de Lewis Carrol, nun mundo surrealista e estrambótico, nada convencional. Este traballo representou un antes e un despois na traxectoria artística de Miguel Calatayud e un referente esencial na súa evolución estética.
Leer más
Leer menos
16,50 €

Otros idiomas: