O neno bisesto
Daniel tivo a boa, ou mala sorte, de ter nacido un 29 de febreiro. Apodado Bisesto na escola, terá que empregar todo o seu enxeño para superar unha chea de situacións inauditas, complexas e mesmo perigosas.
Aos seus dez anos, Daniel séntese diferente aos demais porque naceu un 29 de febreiro; por iso no colexio puxéronlle o alcume de “Bisesto”. Este libro é un relato en primeira persoa das súas experiencias, pensamentos e emocións: dende a rebeldía á incomprensión, pasando polo despertar do amor, ata a reafirmación da amizade. Por riba de todo, “O neno bisesto” é un texto tremendamente divertido, contado coa frescura dun neno. Reborda humor, imaxinación e ironía; narra situacións cotiás que ás veces se complican. Destaca tamén polas numerosas referencias cinematográficas e literarias, que remiten á lectura dos clásicos.
José Luis Alonso de Santos sitúa a cada lector -referente real transmutado en amigo imaxinario- como confidente e cómplice de Daniel, convertendo a historia nun xogo literario. Pola súa parte, Federico Delicado recrea algúns episodios da súa vida con imaxes expresivas e cheas de colorido, nas que asoman elementos fantásticos.

Otros idiomas:
Colección: 7 Leguas
Edad recomendada: A partir de 8 años
Páginas: 104
Tamaño: 15 x 23,5
ISBN: 978-84-8464-972-4