A única, Maria Casarès

Plantagenet, Anne Traducción: Soto, Isabel

Libre e valente, mais tamén sensible e fráxil… No seu centenario, a biografía dunha actriz galega recoñecida internacionalmente. Imaxe de cuberta de THE OFFICE [reproducida co permiso de Que Arte producciones]

María Victoria Casares Pérez naceu na Coruña en 1922. Era filla de Gloria Pérez Corrales e de Santiago Casares Quiroga, xefe do Goberno da Segunda República presidido por Manuel Azaña. Comezou a facer teatro en Madrid, a onde a familia se trasladara en 1931. Tras o golpe de Estado, a nena e a súa nai exiliáronse en París. A pesar do rexeitamento no Conservatorio e dos costumes parisinos, Maria converteuse nunha das actrices máis admiradas de Francia. Triunfou tanto no teatro como no cine, chegando a ser a musa de directores como Marcel Carné (Os nenos do paraíso), Robert Bresson (As damas do Bois de Boulogne) ou Jean Cocteau (Orfeo). Tivo, entre os seus amores, o actor Gérard Philipe e mais o escritor e filósofo Albert Camus, cuxa relación durou dezaseis anos e da que perdura unha fascinante correspondencia. Maria Casarès, como a coñecían en Francia, foi ante todo unha muller libre cunha vontade inquebrantable, perseverante e valente, mais tamén cunha fraxilidade conmovedora. No ano do seu centenario, esta biografía de Anne Plantagenet preserva a memoria dunha das grandes mulleres do exilio. A través dun texto fluído que se le como unha novela e coa precisión da abundante documentación consultada pola autora, cóntase a historia dentro e fóra dos escenarios dunha actriz recoñecida internacionalmente; unha galega que, malia non renunciar ás súas raíces, namorou de Francia grazas e a pesar das loitas, os escenarios, as cámaras, a gloria e a traxedia.
Leer más
Leer menos
19,00 €