A horta de Simón

Alejandro, Rocío Traducción: Manuela Rodríguez

Simón plantou moitas cenorias pero alguén lle suxeriu poñer tamén leitugas, tomates, berenxenas... E a horta tanto medrou, que se encheu de hortalizas e duns laboriosos agricultores.

O coello Simón plantou moitas cenorias pero alguén lle suxeriu que puxera leitugas, alguén tomates, alguén berenxenas… e a horta medrou, enchéndose non só de vexetais senón tamén duns labregos moi especiais: o rato, a galiña, o chibo, o porquiño, a raposa… O X Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados é un eloxio ao traballo colectivo, á convivencia en harmonía e en contacto coa natureza. Este é o primeiro libro de Rocío Alejandro como autora e ilustradora, inspirado na horta comunitaria do seu barrio. Nel destaca a progresión narrativa do texto, que comeza contando os pasos necesarios para crear un horto. Tamén recorre á estrutura acumulativa para presentar os personaxes que sucesivamente se van incorporando á historia.

As ilustracións, de tons ocres e alaranxados en concordancia co escenario do relato, están elaboradas coa técnica da estampación mediante selos entintados; un proceso creativo moi laborioso porque todas e cada unha das partes de cada un dos personaxes e utensilios representados foron impresos individualmente co seu correspondente selo.

Polo seu carácter universal, a clara intención ecolóxica e comunitaria, e os distintos niveis de lectura que achega, “A horta de Simón” trascende a súa aparente sinxeleza para revelarse como un libro de múltiples lecturas.
Leer más
Leer menos
16,00 €