A visita
Un álbum orixinal que nos anima a gozar da soidade e do silencio. Unha proposta necesaria nunha sociedade saturada de “ruído”.
Axúdanos a reflexionar, a practicar a introspección, a escoitarnos, coñecernos e saber que sentimos. «A visita», a obra de Núria Figueras e Anna Font distinguida co XVI Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados, vén poñer en valor o silencio como algo positivo. Desoíndo as indicacións da súa nai, a raposiña que protagoniza esta fermosa historia deixa entrar o Silencio na súa cova. Tralo temor a unha presenza que inicialmente a intimida, resulta ser un hóspede moi especial que lle aprende a bailar ao compás do seu corazón e a escoitar os seus pensamentos.
Estamos ante un relato delicioso, orixinal e necesario que ofrece múltiples lecturas. Non só toma pinceladas dos contos clásicos; tamén desprega un diálogo áxil e cheo de tenrura entre ambos os personaxes e, a través dos recursos literarios que emprega, anima as lectoras e os lectores a tomar conciencia do seu mundo interior, a gozar desas sensacións, a redescubrir a súa propia esencia.
Aínda que transcorre en plena noite, as páxinas de «A visita» son luminosas e coloridas: dende un bosque de vexetación esquemática, cun cromatismo exuberante e repleto de matices, adentrámonos nun cálido tobo onde destaca a simpática figura da raposa e o trazo sinxelo co que se resolve a representación de algo tan intanxible e invisible como o silencio; un minimalismo gráfico extensible ademais a outros elementos simbólicos como os latexos do corazón e o pensamento.
Porque nesta sociedade saturada de ruído e contaminación acústica, a calma, a quietude e mesmo a soidade achegan outro xeito de enfocar a vida cotiá.

Otros idiomas:
Colección: Premio Compostela
Edad recomendada: A partir de 4 años
Páginas: 36
Tamaño: 22 x 28
ISBN: 978-84-1343-259-5
Premios : PREMIO FUNDACIÓN CUATROGATOS - 2024