O can de Milu
Peluso é o gran compañeiro de xogos e de diversión dunha nena encantada coa súa peculiar mascota. O XII Premio Internacional Compostela é unha historia de amor polos animais, amizade incondicional e libertade.
O amor polos animais, a amizade incondicional ante as adversidades e, sobre todo, a liberdade son as cualidades sobresaíntes na obra distinguida co XII Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado. «O can de Milu», de Mariann Máray, é a historia dunha nena e da súa peculiar mascota, que se converte na súa gran aliada de xogos e de diversión. Ter un animal de compañía é unha responsabilidade importante: a súa alimentación, a supervisión do seu crecemento e as visitas veterinarias son aspectos que non pasan desapercibidos neste libro. Tamén destaca a ausencia de prexuízos da protagonista fronte ao rexeitamento doutras persoas -baixo a influencia de estereotipos e convencións sociais- á diversidade: Peluso é “moi especial”, como ela mesma expresa con entusiasmo.
O intenso e abundante colorido das ilustracións transpórtanos dende o bosque á cidade, pasando polo fogar, coa natureza como destino e espazo de reflexión e de liberdade. Son imaxes cheas de detalles, cercanas á estética naíf e ao mundo da infancia, que xogan de xeito audaz cos contrastes cromáticos.

Colección: Premio Compostela
Edad recomendada: A partir de 3 años
Páginas: 32
Tamaño: 24,5 x 21,5
ISBN: 978-84-8464-200-8
Premios : XII PREMIO INTERNACIONAL COMPOSTELA DE ÁLBUM ILUSTRADO