Colombo, Natalia

Colombo, Natalia

(Bos Aires, 1971)

Ilustradora e deseñadora gráfica. Estudou na Facultade de Arquitectura, Deseño e Urbanismo da Universidade de Bos Aires, cidade na que reside. Ilustrou libros de texto e álbums infantís publicados en editoriais de España, Francia, Suiza, Arxentina, México, Chile, Brasil e Estados Unidos. Tamén participa en exposicións individuais e colectivas. Coa súa primeira obra, “Cerca”, gañou o I Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado, convocado polo Departamento de Educación e Cidadanía do Concello de Santiago e por KALANDRAKA. En 2017 recibiu unha mención de honra de Iberoamérica Ilustra.

http://www.nataliacolombo.com.ar

5 artículos

Fijar Dirección Ascendente
por página