Niños
Grandes, pequenos, accesibles, agochados, orixinais... estes paxaros habitan en fogares dispares. Tan diferentes e á vez tan parecidas, as aves suscitan curiosidade e admiración.
Polas súas plumas multicolores, a súa forma estilizada e a súa envexable capacidade para voar, os paxaros espertan a curiosidade infantil. “Niños” é un álbum para pre-lectores e primeiros lectores que nos achega aos conceptos de diversidade, biodiversidade e fauna, suxerindo distintos tipos de aves estrafalarias, orixinais niños e formatos familiares dispares, cun estilo que combina a reflexión, o humor e o absurdo. Con frases breves en tipografía maiúscula, Pepe Márquez destaca a singularidade de cada especie de ave e o seu correspondente modelo de niño: construidos en lugares elevados ou baixos, de tamaño pequeno ou grande, sofisticados ou humildes... os protagonistas deste libro demostran que, sendo todos paxaros, poden ser á vez tan diferentes e tan semellantes.
As imaxes con texturas caracterizan a proposta estética de Natalia Colombo, na que destaca unha contrastada paleta de colores intensos e luminosos, tanto nas figuras como nos fondos. Os seus debuxos son esquemáticos, con perfís pouco definidos, e acentúan o carácter lúdico da obra.

Otros idiomas:
Colección: Obras de autor/a
Edad recomendada: A partir de 3 años
Páginas: 40
Tamaño: 20 x 20
ISBN: 978-84-8464-698-3