Sopa de rato

Lobel, Arnold Traducción: Xosé Manuel González Barreiro

KALANDRAKA recupera os relatos sinxelos e evocadores de Arnold Lobel, referente incuestionable na historia da Literatura Infantil e Xuvenil de todos os tempos.

Un ratiño, a piques de ser papado por unha donicela, dille que para facer unha sopa de roedor moito máis saborosa precisa ingredientes de moitos contos. Entón, o astuto protagonista deste libro comeza a contarlle historias que a deixan completamente encandeada... A finalidade dos contos de Lobel -fábulas na súa meirande parte- é conseguir que os nenos e nenas aprendan a ler dun xeito divertido. “Só escritores cunha enorme sensibilidade como Lobel foron quen de utilizar un estilo inocente sen pecar de pueril, tanto na narración como nas ilustracións que creaba”, dixeron os principais especialistas en Literatura Infantil e Xuvenil.

Polos seus textos e imaxes sinxelos e evocadores, «Sopa de rato», xunto con «Tío Elefante», «O porquiño», «Contos de ratiños», «Saltón no camiño» e «El libro de los guarripios» son referentes literarios incuestionables.
Leer más
Leer menos
16,00 €