Saltón no camiño
Uns escaravellos, un verme, unha mosca, un mosquito, unhas bolboretas, uns cabaliños do demo. Este afable camiñante atopa no seu itinerario moitos personaxes que enriquecerán os seus pasos. Porque a verdadeira experiencia está na propia ruta.
«Saltón no camiño» reúne seis relatos do destacado autor estadounidense Arnold Lobel: O Club, Unha casa nova, A varredora, A viaxe, Sempre e Pola tarde. Con cada un dos personaxes que atopa no seu longo camiñar, vivirá unha aventura, unha experiencia que vai máis aló do que aparentemente amosa. Porque neste libro, o cerne está na propia viaxe. As historias de Saltón, incansable camiñante e cidadán do mundo, trazan perfís inherentes á condición humana; transmítenlles aos lectores a poesía que se oculta no cotiá. Mentres que para o público infantil cada relato é un episodio máis nas peripecias de tan peculiar protagonista, por riba das dificultades que atopa no seu traxecto, os adultos atoparán nesta obra outras lecturas enriquecedoras: entre elas, que a felicidade está nas cousas simples, lonxe de cuestións que nos complican a vida e nos impiden acadar os nosos obxectivos ou gozar do día a día.
Que os relatos de Arnold Lobel sexan sinxelos non significa que sexan superficiais ou banais. Os máis deles tratan sobre a amizade e o amor, presentan a aventura de vivir, nunca a rutina nin a monotonía. Por iso, para Saltón cada día é como o comezo dunha nova vida. Movéndose entre a tenrura e o humor, os libros de Lobel constan de pequenas historias independentes, mais unidas por un fío común, como acontece en «Sopa de rato», «Contos de ratiños», «O porquiño», «Tío Elefante» e «El libro de los guarripios».
Ademais dos textos, Lobel tamén é o ilustrador dos seus libros e o seu grafismo reflicte a mesma tenrura que a obra literaria. Os debuxos que acompañan os textos -de trazo firme e reducida paleta de cores- forman parte esencial e indivisible dun conxunto: as palabras non se entenderían sen a presenza das imaxes.

Otros idiomas:
Colección: Clásicos contemporáneos
Edad recomendada: A partir de 3 años
Páginas: 68
Tamaño: 15 x 21,5
ISBN: 978-84-8464-338-8