O porquiño

Lobel, Arnold Traducción: Xosé Manuel González Barreiro

Un porquiño en apuros, sen lamazal no que envorcallarse ás súas anchas. Porque, onde se viu un marrán limpo e relucente?

A historia do porquiño que acaba cimentado na beirarrúa dunha gran cidade xorde da imaxinación de Arnold Lobel como outros relatos entrañables, sinxelos e fermosos dos que tamén é autor, como “Sopa de rato”, “Contos de ratiños” e “Tío Elefante”, publicados por KALANDRAKA. A súa obra caracterízase pola busca dos acentos persoais, as emocións básicas e os ambientes cotiáns. De aí a concisión do seu estilo literario, a base de palabras esenciais, como a condición humana que intenta plasmar. Unha acción tan inocente e á vez tan contraditoria como a limpeza dun cortello, desencadea unha serie de despropósitos que converten o porquiño no protagonista dunha complexa operación de rescate. A súa desventura conmóvenos, pero ao mesmo tempo fainos rir. As ilustracións redundan nese sentido do humor, levándonos do campo á cidade, nunha viaxe de ida e volta inesquecible.
Leer más
Leer menos
16,00 €

Otros idiomas: