Contos de ratiños
Que sorte ir para a cama cun conto, pero se son sete, moito mellor! Unha xoia para calquera biblioteca.
Non existe nada máis agradable que durmir cun conto e, se ademais son como os sete que conta Papá Rato, moito mellor! Sete historias que farán as delicias de sete ratiños e, con toda seguridade, de todos os nenos e as nenas. Así foi, así é e así seguirá sendo durante moitas xeracións. A finalidade dos contos de Lobel -fábulas na súa maior parte- é conseguir que os cativos aprendan a ler dun xeito divertido. “Só escritores cunha enorme sensibilidade como Lobel foron quen de utilizar un estilo inocente, sen pecar de pueril, tanto na narración como nas ilustracións que creaba”, dixeron os principais especialistas en Literatura Infantil e Xuvenil.
«Contos de ratiños» converteuse nun referente imprescindible e incuestionable polos seus textos e ilustracións sinxelos e evocadores. A este clásico súmanse outros títulos destacados do autor como «Sopa de rato», «O porquiño» «Tío Elefante», «Saltón no camiño» e «El libro de los guarripios».

Otros idiomas:
Colección: Clásicos contemporáneos
Edad recomendada: A partir de 3 años
Páginas: 72
Tamaño: 15 x 21,5
ISBN: 978-84-95123-51-0
Premios : PROGRAMA NACIONAL DE LECTURA (SEP México) 2003
Selección MINISTERIO DE EDUCACIÓN (Argentina) 2015