Tío Elefante

Lobel, Arnold Traducción: Xosé Manuel González Barreiro

O pequeno elefante pasa un tempo co seu tío. A tristura pola ausencia dos seus pais vaise mitigando con historias fantásticas, cancións divertidas e novas experiencias. Un clásico valioso e entrañable con relatos para todos e para sempre.

Tenrura e sensibilidade son algunhas das emocións que desprende este relato entrañable, un clásico imprescindible da Literatura Infantil de todos os tempos. O pequeno elefante pasa un tempo co seu tío, que mitiga a base de contos reparadores, cancións divertidas e xogos de palabras a tristura que provoca no seu sobriño a desaparición dos seus pais. Esta doce historia, de final feliz, está estruturada en nove capítulos que seguen unha fórmula circular, e complétase coas ilustracións do propio Arnold Lobel: realistas, sinxelas, de cores suaves e claroscuros para acentuar as formas robustas dos protagonistas. Destaca a habilidade literaria do autor para envolver o texto de elegancia e estilo: “Teño máis engurras que follas ten unha árbore. Teño máis engurras que area unha praia. Teño máis engurras que estrelas hai no ceo...”.
Leer más
Leer menos
16,00 €