Eu son A
O diario de «A» non fala de festas de cumpreanos en familia, senón de nenos nun campo de refuxiados que recollen migallas de pan na lama. Sobreviven na miseria, pero non renuncian aos seus soños. Unha novela para rapaces que tamén os adultos deberían ler.Ilustración de cuberta de ADRIÀ FRUITÓS
Non ten documentos nin familia, por iso os gardas do campo de refuxiados chámanlle, simplemente, «A». O día que cumpre dez anos comeza a escribir un diario no que recolle a súa vida xunto a outros cinco nenos non acompañados: a busca de comida, os xogos, a amizade, o recordo dos seres queridos e dos lugares dos que proceden... A pesar da súa precaria situación, non deixan de manter vivo o desexo de pertenza, de ter algún sitio como fogar. Lonxe de sentimentalismos, Steve Tasane relata, cun estilo conciso e brillante, unha historia conmovedora marcada pola vitalidade dos protagonistas: son curiosos, enérxicos, apóianse uns nos outros e están decididos a buscar un futuro mellor. «Os rapaces non acompañados nos campos de refuxiados non son ninguén; eles son todos, eles son nós», explica. Aínda que non é un relato autobiográfico, «Eu son A» é o nexo entre a infancia rota do autor -fillo de inmigrantes estonianos no Reino Unido- e a dos pequenos refuxiados que tratan de sobrevivir nun mundo en continua crise, pois nada ten cambiado: só queren poder rir, xogar, non pasar fame...
Tasane dedicoulle este libro á súa nai que, con moitas dificultades, sacouno adiante a el e aos seus irmáns cando foron abandonados polo pai. Tivo, ademais, unha dura nenez sufrindo as burlas dos nenos cos que ía á escola, que o sinalaban polas axudas que recibían para subsistir. Velaquí, pois, unha novela para rapaces que todos os adultos tamén deberían ler.

Otros idiomas:
Colección: Narrativa K
Edad recomendada: A partir de 12 años
Páginas: 120
Tamaño: 13,5 x 20,5
ISBN: 978-84-16721-57-3