Eu son Suleimán
A historia de calquera dos miles de rapaces que desafían a morte para chegar a Europa fuxindo da guerra e da miseria no continente africano. Un drama que traspasa o frío factor da actualidade para achegarse á dimensión humana do fenómeno migratorio. Ilustración de cuberta de JUÁN CARLOS CRUZ
Superado pola extrema pobreza que padece en Mali, Suleimán decide marchar co seu amigo Musa na busca dunha vida mellor en Europa, onde esperan traballar, conseguir diñeiro para voltar ao seu país, abrir os seus negocios e axudar as súas familias. A viaxe resulta dura e difícil: cruzan o deserto en camións escangallados, ateigados de xente tan desesperada coma eles; chegan á fronteira con Melilla pero, ao tratar de cruzar a reixa fronteiriza, son arrestados e expulsados. Suleimán loita por sobrevivir e volve intentalo por mar, dende as costas de Senegal ata Gran Canaria. “Eu son Suleimán” non está baseado en feitos nin en persoas concretas; mais, historias coma esta acontecen cada día con miles de mozos en situación precaria. Ademais de relatar como desafían a morte fuxindo da guerra e da miseria do continente africano, Antonio Lozano tamén narra a viaxe interior do protagonista: dende o idealizado soño europeo ata a crúa realidade da odisea. Un drama que traspasa o frío factor da actualidade para achegarse á dimensión humana do fenómeno migratorio clandestino.
Colección: Narrativa K
Edad recomendada: A partir de 12 años
Páginas: 160
Tamaño: 13,8 x 20,5
ISBN: 978-84-16721-49-8
Premios : LISTA DE HONRA DOS PREMIOS DE LITERATURA CCEI 2015