Noah Barleywater escapa da casa

Boyne, John Traducción: Carlos Acevedo

Fuxir dos problemas, sen mirar atrás. Noah emprende un camiño de rumbo incerto e atopa consolo na sabedoría dun artesán moi especial. Atrápao a maxia dos bonecos que ten na súa tenda. Tenrura e fantasía nas páxinas deste conto de fadas.

Ilustración de cuberta de OLIVER JEFFERS

Aos seus oito anos, Noah pensa que é máis doado facerlles fronte aos seus problemas se non pensa neles. E por iso escapa da casa. Por un camiño inexplorado a través da fraga. Non tarda en chegar a unha tenda. Pero non se trata dunha tenda normal. É unha tenda de xoguetes cuns incribles bonecos cargados de maxia. E dentro dela Noah encóntrase cun artesán ben raro; un home que ten unha historia que contar, chea de aventuras, prodixios e promesas rotas. Ese home guiará a Noah nunha viaxe que lle cambiará a vida. “Noah Barleywater escapa da casa” é un conto de fadas, como o describiu o propio John Boyne, que por primeira vez escribe unha novela non histórica. O autor considerouse “moi afortunado” por contar co seu compatriota Oliver Jeffers (Irlanda, 1977) no deseño gráfico do libro. Jeffers é deseñador, ilustrador e escritor, graduado en Comunicación Visual na Universidade do Ulster. As súas obras exhibíronse en Nova York, Dublín, Londres, Sydney, Washington e Belfast, entre outras cidades de Norteamérica e de Europa. Entre outros galardóns, recibiu os premios Nestlé (2006), Blue Peter da BBC (2006), e Irish Book (2007).
Leer más
Leer menos
14,00 €