O que lle aconteceu a Barnaby Brocket

Boyne, John Traducción: Carlos Acevedo

O terceiro fillo do señor e da señora Brocket -uns fanáticos da "normalidade"- naceu flotando e desafiando a lei da gravidade. Tras botalo da casa, Barnaby coñece mundo e fai amigos que, coma el, representan a diferenza e a diversidade nun mundo pouco tolerante.

Ilustración de cuberta de OLIVER JEFFERS

                   

A familia Brocket é a máis normal de toda Australia. Os señores Alistair e Eleanor Brocket están orgullosos da súa normalidade e non queren saber nada de xente rara. Mais cando nace Barnaby, o seu terceiro fillo, a súa vida verase fondamente alterada: Barnaby non é un ser «normal». Entre outras cousas porque non obedece a máis básica regra de todas as regras: a lei da gravidade… e flota! Un día a señora Eleanor Brocket pensa que aquilo ten que rematar porque ela só desexa vivir unha vida normal, cuns fillos normais e, pola contra, é a nai dun neno estraño e flotante! Por iso, os Brocket deciden que Barnaby ten que marchar e bótano da casa. Así comeza a divertida viaxe deste rapaz; unha andaina polo mundo na que fará novos amigos… aínda que pouco normais.

John Boyne propón unha lectura reflexiva sobre a diversidade, a aceptación da diferenza e a autoestima. Canda o protagonista desta tenra historia, repleta de referencias aos grandes clásicos da literatura universal, atópase unha galería de atípicos personaxes, con cadansúa lección de vida.

As ilustracións de Oliver Jeffers -a modo de sinxelas viñetas- transportan as lectoras e os lectores ata os escenarios e os episodios máis destacados na curta biografía deste mozo.
Leer más
Leer menos
14,00 €