As «escolas nóvas» e os seus problemas
«A Nova Educación prepara en cada neno non só o futuro cidadán, capaz de cumprir os seus deberes para cos seus próximos [...], senón tamén persoas conscientes da súa propia dignidade como seres humanos.» Fotografía de cuberta de VICENTE BLANCO
A Nova Educación –con varias denominacións: Éducation nouvelle, New Education,
Progressive Education ou tamén Escola Nova– supuxo unha revolución copernicana,
unha ruptura con respecto ao modelo educativo dominante a finais do s. XIX. Favoreceu, ademais unha salientable renovación metodolóxica; abriu
as portas das escolas ao medio social e ao natural, estimulou que os docentes
se interesasen polos nenos e os adolescentes desde o punto de vista psicolóxico
e emocional, polas súas necesidades e motivacións; puxo o foco no clima
organizativo e relacional; deulle un novo protagonismo á formación ética
e de cidadanía democrática e promoveu a creatividade e a expresión infantil.
O presente texto, seleccionado entre as diversas achegas existentes que abordan
a Nova Educación, correu a cargo do profesor e filósofo Ernesto Codignola,
promotor en Italia, despois da Segunda Guerra Mundial, dunha das recoñecidas
escolas novas. Trátase dun texto rico en información e argumentativo, que foi
actualizado en 1962, complementado polo pedagogo Aldo Visalberghi
e reeditado de novo en 1970.
O libro conta cunha nota de presentación (onde se aclaran referencias, datos
e conceptos que poden presentar algunha complexidade na actualidade), cun anexo
conceptual e informativo ordenado alfabeticamente e un epílogo final de Antón
Costa, especialista na materia.

Colección: Biblioteca de Pedagogía
Edad recomendada: Lectores expertos
Páginas: 208
Tamaño: 15 x 21,5
ISBN: 978-84-1343-267-0