Educar a través da arte
A arte como acción creadora para iniciar verdadeiros cambios educativos, baseados no desenvolvemento de procesos persoais que foxen das respostas estereotipadas e convencionais. Fotografía de cuberta de VICENTE BLANCO
A arte como acción creadora é o núcleo deste primeiro libro de temática pedagóxica de Vicente Blanco e de Salvador Cidrás, dirixido tanto ao profesorado en activo como a futuros docentes, especialmente de Educación Infantil e de Primaria, mais tamén de Secundaria. A través da creación artística, proponlles un modelo de traballo para iniciar verdadeiros cambios educativos, baseados no desenvolvemento de procesos persoais que foxen das respostas estereotipadas e convencionais. «Educar a través da arte» anima a abandonar métodos “directivos” en favor de alternativas que poñan en valor a diversidade e a diferenza.
As metodoloxías interiorizadas e experimentadas ao longo da etapa escolar, así como as convencións socioculturais, poden limitar o desenvolvemento de accións innovadoras e de calidade se non hai unha toma de conciencia para interrompelas na formación inicial ou continua do profesorado. Tomando como referencia a teóricos que, como John Dewey, cuestionaron o papel estático da cultura, os autores defenden a práctica dun modelo “produtivo” -baseado no proceso- fronte ao modelo “reprodutivo” -que prima o resultado- predominante no sistema educativo actual.
A diferenza das actividades pechadas e estáticas, que desdeñan a experiencia cotiá, o diálogo e o sentido crítico, as propostas de Vicente Blanco e de Salvador Cidrás favorecen a creación persoal dos estudantes e potencian a súa capacidade para transformar o mundo a través de infinidade de formas de expresión, técnicas e materiais.
As experiencias “performativas” que recolle esta obra van dende o traballo co papel e co barro, ata o debuxo experimental. Estas e outras iniciativas recóllense na web do grupo de innovación educativa Escola Imaxinada, un colectivo composto por profesionais das artes, da arquitectura, da filosofía e da Educación Infantil e Primaria que tenta achegar ás escolas metodoloxías baseadas nas artes, ademais de contribuír ao deseño de espazos e recursos educativos de calidade.

Otros idiomas:
Colección: Biblioteca de Pedagogía
Edad recomendada: Lectores expertos
Páginas: 160
Tamaño: 15 x 21,5
ISBN: 978-84-8464-214-5