Comezar polo neno
O texto fundamental da actividade pedagóxica de Mario Lodi, un mestre que creu na innovación educativa, no poder liberador da educación e na democratización da escola. Fotografía de cuberta de VICENTE BLANCO
«Comezar polo neno», publicado por primeira vez en 1977, é un dos libros máis políticos do recoñecido mestre italiano Mario Lodi, unha referencia imprescindible para abordar a relación entre os nenos e a escola. Lodi, que creu na innovación educativa e no poder liberador da educación, defendeu un modelo escolar que potencie as capacidades expresivas e creativas do alumnado, estimulando o pensamento reflexivo e os valores democráticos. O autor trasládanos a súa observación atenta sobre o modo de pensar e aprender das nenas e nenos a partir da aula como lugar de intercambio, formación e confrontación. Do itinerario de Lodi sobresaen tres aspectos: a defensa dos dereitos da infancia, a necesidade dunha auténtica renovación educativa para liberar as potencialidades expresivas e a forxa –a través da acción escolar– de espíritos e condutas asentados sobre o principio da cooperación social, en favor dunha sociedade máis democrática, libre e inclusiva.
Esta obra, fundamental na bibliografía de Mario Lodi, é un estímulo para quen quere seguir traballando por unha ensinanza activa, por unha escola baseada en principios como a solidariedade e a cooperación, na que cada nena e neno poida desenvolver as súas propias aptitudes e intelixencias.

Otros idiomas:
Colección: Biblioteca de Pedagogía
Edad recomendada: Lectores expertos
Páginas: 248
Tamaño: 15 x 21,5
ISBN: 978-84-1343-229-8