Experiencia e educación
O derradeiro libro de pedagoxía de quen está considerado o máis preeminente teorizador da educación no século XX. Este foi o seu mellor ensaio e síntese sobre a educación, un dos seus textos máis coñecidos e traducidos, unha obra intensa e combativa. Fotografía de cuberta de Vicente Blanco
John Dewey está recoñecido como o máis preeminente teorizador da educación no século XX. Influíu na organización académica da educación escolar estadounidense e a súa obra -cunha gran proxección internacional- tivo moita incidencia no desenvolvemento teórico das Ciencias da Educación. Os expertos destácano como un reformista social, insatisfeito coa evolución da democracia no seu tempo, e valoran a súa defensa da ciencia, do progreso, das transformaciones sociais derivadas da industrialización, do comercio e das comunicacións. Pola vixencia dos seus postulados pedagóxicos, na lectura de Dewey están as claves para interpretar os problemas da educación actual. Fronte ao modelo escolar tradicional, Dewey -un dos máximos mentores da Escola Nova- propón a escola progresiva. Este modelo toma en consideración os impulsos, necesidades, interrogantes e intereses do alumnado, así como a interrelación do coñecemento escolar coa contorna, a unidade entre o saber e o facer e o papel propositivo do profesorado.
«Experiencia e educación» (1938) foi o seu derradeiro libro de pedagoxía, o seu mellor ensaio e síntese sobre a educación, e converteuse nun dos seus textos máis coñecidos e traducidos. Trátase dunha obra intensa e combativa: escribiuna algo máis de 20 anos despois de «Democracia e educación», o seu gran tratado pedagóxico. É o resultado dunha reformulación das súas ideas, dunha reflexión froito da análise das prácticas pedagóxicas do movemento da educación progresiva.
O autor contempla criticamente as prácticas desenvolvidas ao longo de tres décadas e, lonxe de ser autocompracente, analiza as eivas dese sistema abordando un traballo filosófico de reconstrucción, a través do que elabora o concepto de experiencia e aplica unha concepción pragmática desde a que valora as prácticas pedagóxicas en función dos seus efectos.

Colección: Biblioteca de Pedagogía
Edad recomendada: Lectores expertos
Páginas: 128
Tamaño: 15 x 21,5
ISBN: 978-84-1343-012-6