Mulleres imprescindibles. Educadoras na vangarda do século XX
Monografía coral que pon de relevo o legado de nove mestras conscientes da transcendencia humanizadora e cultural da educación para lograr unha sociedade máis xusta, libre e solidaria.
Rosa Sensat, María Barbeito, María de Maeztu, María Luisa Navarro, María Sánchez Arbós, Justa Freire, Elbira Zipritia, Marta Mata e Carme Miquel son as nove protagonistas desta monografía coral titulada “Mulleres imprescindibles. Educadoras na vangarda do século XX”. Un volume que pon de relevo o legado destas nove mestras con historias de vida singulares, mais que compartiron unha orientación social reformadora, unha grande inquedanza e preocupación pola formación do profesorado, así como un fondo compromiso coa educación e cos valores humanistas.
Nove docentes, algunhas do primeiro terzo do século XX, que forxaron os seus itinerarios nunha época que convidaba á procura de horizontes de progreso social e democrático e que se propuxeron facer da escola un lugar de vida, convencidas de que «unha escola non termina de facerse nunca», como aseguraba María Sánchez Arbós. Os lectores e as lectoras descubrirán ao longo das páxinas deste libro unhas mulleres imbuídas de optimismo pedagóxico, plenamente conscientes da transcendencia humanizadora e cultural das e dos educadores ante o obxectivo de lograr unha sociedade máis xusta, libre, solidaria e acolledora para todas as persoas.
Esta monografía, formada por nove textos orixinais de especialistas cunha sólida traxectoria investigadora, é o novo título da colección Biblioteca de Pedagoxía, que recolle textos clásicos ou obras inéditas do pensamento e a práctica pedagóxica de autores de tanta relevancia como Francesco Tonnuci, Maria Montessori, Jean Piaget, Paulo Freire, Célestin Freinet ou John Dewey, entre outros.
Otros idiomas:
Colección: Biblioteca de Pedagogía
Edad recomendada: Lectores expertos
Páginas: 224
Tamaño: 15 x 21,5
ISBN: 978-84-1343-139-0





