E un voou sobre o niño do cuco
Un clásico da literatura contemporánea que mantén toda a forza expresiva dun autor considerado un nexo fundamental entre o movemento beat dos anos 50 e o movemento contracultural dos anos 60. Ilustración de cuberta de ADRIÀ FRUITÓS
«E un voou sobre o niño do cuco» é unha novela de culto escrita en 1959 e publicada en 1962 que callou fondo nos campus universitarios e nas comunas hippies dos anos 60. Na súa etapa estudantil, Ken Kesey ofreceuse voluntario para participar en experimentos sobre drogas psicodélicas como o LSD que os psiquiatras dun hospital californiano ensaiaban con vistas a posibles usos terapéuticos. Desa experiencia persoal xurdiu esta obra protagonizada por Randle P. McMurphy, un personaxe vitalista, amoral, rebelde e agresivo: para escapar das penalidades da prisión na que está condeado a cumprir traballos forzados, é enviado a un hospital psiquiátrico de Oregon e nada máis poñer o pé nesa institución, emprenderá unha loita contra o sistema represivo da enfermeira Ratched. Algúns internos morrerán; outros descubrirán os encantos da bebida, do sexo, da liberdade e da insurrección constante, como resultado das múltiples ocorrencias de McMurphy: capitanear un equipo de baloncesto, organizar unha votación para reclamar que os internos poidan ver as Series Mundiais, introducir alcohol e mesmo prostitutas nas habitacións…
Canda el, outro personaxe destacado é Xefe Bromden, un dócil e corpulento amerindio que sobrevive no hospital finxindo ser mudo e xordo. De conflito en conflito coa enfermeira, ambos pacientes acaban sendo enviados a terapia de electrochoque, pero nin así conseguen controlar o comportamento combativo de McMurphy.
Superada a polémica que suscitou a súa publicación, hoxe en día é un texto inscrito plenamente na mellor tradición da gran literatura americana. A novela foi adaptada ao cinema en 1975 por Milos Forman, con cinco premios Óscar. A revista Time incluíuna entre as cen mellores novelas escritas en inglés entre 1923 e 2005.

Otros idiomas:
Colección: Narrativa K
Edad recomendada: Lectores expertos
Páginas: 428
Tamaño: 13,5 x 20,5
ISBN: 978-84-16721-73-3