Confesións dun artista de merda
Unha sátira virtuosa, cómica e surrealista, mais tamén cun toque de traxedia, protagonizada por un home de ideas estrafalarias, que non concibe o mundo como a maioría da xente. A única novela de Philip K. Dick fóra do xénero da ciencia ficción. Ilustración de cuberta de ADRIÀ FRUITÓS
Aínda que Philip K. Dick é un dos referentes da ciencia ficción, «Confesións dun artista de merda» foi a única novela que publicou fóra dese xénero. Escrita en 1959, cando aínda non creara as súas mellores obras, non atopou editorial que lla publicase ata 16 anos despois. Ambientada na California dos anos 50, o protagonista é Jack Isidore, un tipo que non concibe o mundo como a maioría da xente, inxenuo e incapaz de diferenciar a realidade da fantasía. Tras combater na Segunda Guerra Mundial, retomou a súa afección preferida: recompilar de forma compulsiva teorías conspiranoicas e ideas estrafalarias. Por iso, Charley, o marido da súa irmá Fay, definiuno como “un artista de merda”. Jack non se adapta á vida real e a súa irmá vese obrigada a rescatalo do caos no que vive acolléndoo no seu luxoso rancho ás aforas de San Francisco. Este matrimonio representa o auténtico estilo de vida americano, pero baixo a imaxe idílica da parella hai todo tipo de obsesións nocivas. Envolto nun vórtice de angustia suburbana do que pode que non sexa quen de fuxir, o propio Jack chega á conclusión de que o mundo está cheo de tolos, comezando por el mesmo.
Loucura e cordura, tempo e morte, pecado e salvación, a nosa percepción da realidade e as relacións personais coas súas motivacións -que tamén son temas recorrentes nas novelas futuristas de Dick- están aquí presentes a través de personaxes indecisos, expostos á autodestrución, o egoísmo, a falta de empatía… O estilo de Dick é áxil, con abundantes diálogos, prescindindo do superfluo e afondando a cada páxina no personaxe. Non hai nada accesorio nesta sátira virtuosa, un sorprendente relato entre o cómico e o surrealista, mais tamén cun punto de traxedia.

Otros idiomas:
Colección: Narrativa K
Edad recomendada: Lectores expertos
Páginas: 336
Tamaño: 13,5 x 20,5
ISBN: 978-84-16721-59-7