Na estrada

Kerouac, Jack Traducción: Xesús Fraga

A biblia da xeración beat, unha novela de culto, un clásico da literatura norteamericana do século XX sobre a busca hedonista da liberdade e das experiencias auténticas, en contraposición ás convencións da América profunda.

Ilustración de cuberta de ADRIÀ FRUITÓS

Na estrada» foi a biblia da xeración beat; unha novela de culto e un clásico da literatura norteamericana do século XX que contribuíu a mitificar a famosa Ruta 66. Traducida por primeira vez ao galego, séguense reeditando milleiros de exemplares do que a revista Time considera unha das cen mellores novelas en inglés do último século. A medio camiño entre autobiografía e monólo interior, cun ritmo espontáneo e improvisado, narra as tolas viaxes de Dean Moriarty -alter ego do seu amigo Neal Cassady- a bordo de Cadillacs prestados e Dodges destartalados. Canda el, os outros pasaxeiros son o narrador Sal Paradise, representado polo propio autor, o poeta Allen Ginsberg e o novelista William S. Burroughs. Sal é un estudante deprimido e con aspiracións literarias que coñece a Dean no inverno de 1947 e axiña queda cativado pola súa actitude salvaxe e temeraria. Nese itinerario frenético percorren Norteamérica, dende Nova York a Nova Orleans, pasando por Cidade de México, San Francisco e Chicago, experimentando todo tipo de aventuras con sexo, drogas, alcohol e jazz. O resultado desa busca hedonista da liberdade, que cambiará para sempre as súas vidas, é un retrato dun estilo de vida bohemio no marco da América profunda, allea ao convencionalismo do establishment.

A materia prima do libro, que rompeu co conformismo do American Way of Life e convidaba á busca de experiencias auténticas, foron as numerosas anotacións en cadernos e borradores aos que deu forma nuns poucos días. Na primeira edición censuráronse pasaxes do manuscrito orixinal que se consideraron inapropiadas. O ton experimental dos beatnicks que aspiraban a unha conciencia libre de patróns, e a visión que daba das minorías sociais da posguerra -os desesperados, os vagabundos- xeraron rexeitamento editorial. Non sería ata cincuenta anos despois cando se publicou integramente e sen os alcumes que Kerouac utilizara en vez dos nomes reais. En 2012 estreouse unha versión cinematográfica dirixida por Walter Salles e producida por Francis Ford Coppola.
Leer más
Leer menos
18,00 €

Otros idiomas: