A lenda do santo bebedor
A derradeira novela dun dos grandes autores do século XX. Entre a fábula e a parodia, a aventura dun entrañable vagabundo polas rúas de París. Ilustración de cuberta: Adrià Fruitós
Publicada por primeira vez en 1939, meses despois da morte en París de Joseph Roth, onde vivía exiliado, «A lenda do santo bebedor» está considerada o testamento literario de quen foi un dos narradores centroeuropeos máis admirados do século XX. André Kartak, é un clochard orixinario -como Roth- das provincias orientais do Imperio austrohúngaro. Unha noite atopa, baixo as pontes do Sena, un enigmático home traxeado que lle ofrece douscentos francos coa única condición de que no futuro llos entregue en doazón ao cura dunha capela. Dende entón a súa vida será un continuo achegarse e perderse no camiño -entre vellos amigos, antigas amantes e borracheiras- para cumprir o seu imposible compromiso. Non hai afán didactista na novela; simplemente se trata de gozar da lectura, das idas e das voltas deste entrañable vagabundo. A dispersión que marcou a vida do autor -sobre todo nos seus derradeiros anos en París, preso do alcohol e esquecido por case todo o mundo- plásmase no protagonista, un home alleo á sociedade, coa única compañía dos recordos. De Roth sobresae a sinxeleza e a claridade da súa prosa transparente e brillante, con novelas de gran mestría escritas sen artificios. Nesta historia que discorre entre a fábula e a parodia hai unha lucidez extrema; a de quen toma a súa dose de alcohol e aínda non está bébedo. Non é ningún anxo o cabaleiro que se presenta aquela primavera de 1934 nas pontes de París, nin hai nada sobrenatural no relato: é André ese anxo xeneroso e honrado que, na súa inocencia, parece posuír toda a tenrura e a bondade do mundo.
Colección: Narrativa K
Edad recomendada: Lectores expertos
Páginas: 88
Tamaño: 13,5 x 20,5
ISBN: 978-84-16721-96-2
Libros relacionados
Comprueba los artículos para añadir a la cesta o