A conxura dos necios
''A conxura dos necios'', galardoada co Premio Pulitzer de ficción en 1981, é unha das novelas póstumas de John Kennedy Toole. O seu título procede dunha cita do clásico Jonathan Swift: Cando no mundo aparece un verdadeiro xenio, podémolo recoñecer por este signo: que os necios se conxuran todos contra el. Ilustración de cuberta de MARC TAEGER
“A conxura dos necios”, galardoada co Premio Pulitzer de ficción en 1981, é unha das novelas póstumas de John Kennedy Toole. O seu título procede dunha cita do clásico Jonathan Swift: Cando no mundo aparece un verdadeiro xenio, podémolo recoñecer por este signo: que os necios se conxuran todos contra el, da súa obra “Pensamentos sobre diversas materias, tanto morais como amena”. Ignatius Reilly é un rapaz incomprendido, de personalidade enrevesada e atormentado por atopar un traballo que lle permita pagar unha débeda. O protagonista é unha representación grotesca do heroe moderno: intelectual e lacazán, de aspecto excéntrico e desaseado, de conduta maniática e crenzas absurdas e anticuadas. Un gordinflón hipocondríaco que provoca ao mesmo tempo a risa e a mágoa. Vive anoxado coa sociedade que o rodea e trata de cambiar un mundo que non comprende, malia que lle tocou vivir nel, polo que actúa como un novo Quixote, para poder sobrevivir. Canda el, a novela presenta un elenco de personaxes excelentemente construidos, dando como resultado unha traxicomedia disparatada, ácida e intelixente, que contén unha crítica mordaz e demoledora contra a decadente clase media norteamericana, cuestionando de cheo os sistemas económico, relixioso e social do país.
Colección: Narrativa K
Edad recomendada: Lectores expertos
Páginas: 472
Tamaño: 14,5 x 21
ISBN: 978-84-96957-50-3
Premios : PREMIO PULITZER (1981)
MELLOR NOVELA ESTRANXEIRA EN FRANCIA (1981)