O perfume

Süskind, Patrick Traducción: Patricia Buxán Outeiro

Unha amena e intrigante lectura, chea de abraiantes descricións, que reborda imaxinación e sabedoría olfactiva.
Ilustración de cuberta de ADRIÀ FRUITÓS

Jean-Baptiste Grenouille naceu seis anos antes da Revolución Francesa no barrio máis fedorento de París. Dende a súa nacenza ten unha extravagante cualidade: non desprende olor ningún, polo que lle atribúen a presenza dalgún demo. Tamén posúe un don excepcional: un olfacto prodixioso que lle permite percibir todos os aromas do mundo. Abandonado ao coidado duns frades, loita contra a súa condición humilde e logra escalar posicións ata converterse nun afamado perfumista, experto na arte de mesturar herbas e aceites. Ante a súa incapacidade para sentir amor polo rexeitamento social e familiar que padeceu ao longo da vida, os aromas que elabora permítenlle pasar inadvertido ou inspirar simpatía, amor, compaixón... Porque o seu obxectivo non é obter fortuna e prestixio, senón cativar o corazón das persoas. Pero obter as fórmulas únicas e maxistrais coas que aspira a crear o perfume perfecto, ten un prezo moi alto: un día descubrirá a fragancia dunha rapaza virxe e dende entón vai vivir coa fixación de obter os seus fluídos corporais e licuar os seus olores íntimos. A súa mestría convértese así nunha inquedante prestidixitacion.

Patrick Süskind presenta nesta novela a súa visión desenganada e ácida do ser humano. «O perfume» é unha lectura impetuosa e frenética, chea de abraiantes descricións, que reborda imaxinación e sabedoría olfactiva; unha invitación a descubrir o inmenso abano dos aromas, mais tamén os turbadores abismos do espírito, da obsesión e da depravación. O baleiro existencial, as ansias de poder, a soidade ou o problema identitario agroman de xeito discreto, mais tamén impactante, neste exitoso clásico da literatura contemporánea.
Leer más
Leer menos
18,00 €
Libros relacionados
Comprueba los artículos para añadir a la cesta o