O quinto en cuestión
Considerada a mellor novela canadense do século XX, narra a historia dun home racional que descobre no máxico un aspecto máis da realidade. Una reflexión sobre o destino, o azar e o paso do tempo. A obra dun autor erudito trazada cunha inusual profundidade, entre a melancolía e un sutil sentido do humor.
Ilustración de cuberta de ADRIÀ FRUITÓS
Esta obra, publicada en 1970 e considerada a mellor novela canadense do século XX, comeza coa definición que o autor fai do quinto en cuestión no contexto das compañías operísticas: "O rol que, malia non ser nin o do heroe nin o da heroína, nin o do confidente nin o do vilán, resultaba fundamental á hora de resolver a trama dun modo satisfactorio". Dunstan Ramsay é un veterano da Primeira Guerra Mundial e profesor xubilado que, nunha longa carta, repasa a súa vida, marcada por un feito acontecido na infancia. Unha tarde de decembro de 1908, Percy Boyd, o seu amigo e tamén rival, lánzalle unha bóla de neve cunha pedra dentro; Ramsay esquívaa, pero golpea unha muller embarazada, que cae e sofre un parto prematuro. Dende entón, os destinos de todos quedarán unidos para sempre. Malia o seu carácter racional, o protagonista descubrirá que o marabilloso é un aspecto máis da realidade e que accións que semellan aparentemente inocuas revelaranse como acontecementos decisivos para os demais.
«O quinto en cuestión» é un relato de relixión e moral, de mito e de historia, que amosa a mestría literaria de Robertson Davies pola súa capacidade para tratar temas diversos con acerto, naturalidade e verosimilitude, cativando a atención dende as primeiras páxinas. A súa obra máis aclamada é o primeiro título da Triloxía Deptford, na que retrata con fina ironía e sátira mordaz o Canadá rural e reprimido de antano.
Esta novela enigmática, elegantemente escrita e de gran forza narrativa precisa unha lectura demorada pola fondura coa que explora a alma humana, suscitando a reflexión sobre o destino, o azar, as circunstancias de cada quen, o paso do tempo, a vellez… Rezuma melancolía, mais tamén un sutil sentido do humor, e está escrita con todo o detalle, sen improvisación, transmitindo empatía e coidado na linguaxe.

Colección: Narrativa K
Edad recomendada: Lectores expertos
Páginas: 436
Tamaño: 13,5 x 20,5
ISBN: 978-84-16721-82-5
Premios : PREMIO LLIBRETER 2006 (GREMIO DE LIBRARÍAS DE CATALUNYA)
Libros relacionados
Comprueba los artículos para añadir a la cesta o