Un espléndido mundo novo
Naquela sociedade ideal, todo estaba planificado, non existe a violencia e os humanos clasifícanse en castes. Un clásico da literatura de anticipación que caricaturiza o mundo contemporáneo de xeito cruel e brillante.
Ilustración de cuberta de ADRIÀ FRUITÓS
«Un espléndido mundo novo» é posiblemente a novela máis lida e inquedante de Aldous Huxley, un dos escritores máis lúcidos da segunda metade do século XX. A súa influencia está presente en obras fundamentais da literatura de anticipación, como «Nós» de Evgenii Zamiatin e «1984» de George Orwell. Presenta un futuro lonxano onde o mundo alcanza a felicidade absoluta grazas a unha nova realidade deseñada a partir do lema “Comunidade, identidade, estabilidade”. Os grandes controladores administran ata o máis mínimo detalle nesta sociedade perfecta onde todo está planificado, a violencia é un vago recordo e os humanos son cultivados con enxeñería xenética e clasificados en castes. A poboación vive na ignorancia a través dun depurado lavado de cerebro. Cando se publicou en 1932 foi calificada como unha distopía, pura fantasía, mais resultou visionaria e premonitoria. Nunha época na que os totalitarismos aspiraban a dirixir o planeta, ao tempo que se apostaba polo cientificismo como único camiño para a evolución, Huxley ideou este relato para satirizar eses empeños.
Tubos de ensaio, microscopios e incubadoras substitúen o ventre materno e son as ferramentas do progreso. A xente carece de emocións e vive allea aos interrogantes a través dunha precoz doma de vontades por medio da hipnopedia, unha aprendizaxe aplicada na nenez a través do sono. As persoas son programadas para consumir e poñer o valor da sociedade por riba do individual sen importarlles a que prezo. Tamén existe a soma, unha droga deseñada para evitar o espertar da conciencia e manter na inopia calquera indicio de razoamento ou cuestionamento.
Pero na fabricación de Bernard Marx -un membro da privilexiada caste alfa- ocorre un fallo, unha fisura mínima no sistema, mais suficiente para permitir que sinta descontento e o desexo de liberarse desa realidade programada. Visitar unha das poucas reservas salvaxes que aínda se goberna con valores pretéritos, pode supoñer a cura para a súa angustia.

Colección: Narrativa K
Edad recomendada: A partir de 16 años
Páginas: 344
Tamaño: 15 x 23,5
ISBN: 978-84-16721-88-7
Libros relacionados
Comprueba los artículos para añadir a la cesta o