O porqué de todas as cousas
Un dos exercicios máis virtuosos da literatura catalá contemporánea, adaptado tamén nunha versión cinematográfica. Relatos breves cheos de sátira e de crítica social.
Ilustración de cuberta de ADRIÀ FRUITÓS
Éxito de vendas e de crítica, que o considerou un dos exercicios máis virtuosos da literatura catalá contemporánea, a trintena de historias breves que conforman «O porqué de todas as cousas» son aparentemente simples e esquemáticas pero revelan a mestría narrativa -especialmente no xénero do relato- de Quim Monzó, a súa capacidade de síntese e a súa certeira visión da eterna incertidume humana, exposta de forma aguda, irónica e directa. Comparado con Kafka, Borges e Rabelais e consagrado como un dos autores máis relevantes da súa xeración, Monzó retrata nesta obra as relacións afectivas e ridiculiza a sociedade actual a través da ficción, cunha linguaxe transparente e precisa, sen máis filtros que a súa poderosa imaxinación, o manexo dos dobres sentidos e do humor negro, e o seu estilo hilarante que subverte os estereotipos sociais e a lóxica interna do relato.
Nada se salva da súa impronta paródica e axitadora: estes contos son un reflexo tan absurdo como abraiante dos devezos e incertezas do tempo presente. Trátase de abordar situacións da vida cotiá -problemas existenciais tanto individuais como colectivos- dándolles unha visión grotesca e deformada da realidade, con enfoques insólitos, levados ata extremos esaxerados. Os seus protagonistas procuran o pracer e a fantasía pero vense atrapados nas dúbidas e na confusión.
Varios relatos deste libro foron adaptados polo director de cine Ventura Pons na película «El porqué de las cosas» (1995).

Colección: Narrativa K
Edad recomendada: Lectores expertos
Páginas: 160
Tamaño: 13,5 x 20,5
ISBN: 978-84-16721-72-6
Premios : PREMIO CIDADE DE BARCELONA 1993
PREMIO DA CRÍTICA SERRA D’OR 1994