Ocupa a economía. Cuestionando o capitalismo

Wolff, Richard Barsamian, David Traducción: Ánxelo Gonzalves

O experto economista Richard Wolff e o xornalista David Barsamian conversan sobre a crise do sistema capitalista e fan unha análise fonda e amena sobre as auténticas orixes da desigualdade económica, con exemplos clarificadores.

Ilustración de cuberta de MARC TAEGER

“Ocupa a economía” presenta unha análise completa e fonda da intensa crise que o sistema capitalista atravesa desde os últimos anos da primeira década do século XXI. Os autores abordan o tema nun rexistro accesíbel e informal e desenvolven un ameno diálogo poboado de exemplos clarificadores para mostrar as verdadeiras orixes da desigualdade económica. As orixes da crise económica nos Estados Unidos e a súa extensión ao resto do mundo; a resposta do movemento Ocupa Wall Street e a historia das ideas socialistas nos Estados Unidos; as profundas deficiencias estruturais do sistema económico capitalista e as súas consecuencias na vida das persoas; as alternativas para o futuro… son algúns dos temas que abordan nesta obra o experto economista Richard Wolff e o xornalista David Barsamian, coñecido internacionalmente como habitual entrevistador de Noam Chomsky.
Leer más
Leer menos
12,00 €