Zoocities, animais salvaxes na cidade
Un ensaio multidisciplinar sobre a crecente presenza de criaturas salvaxes nos espazos urbanos; unha reflexión en clave medioambiental arredor da convivencia entre os humanos coas outras especies animais.
Ilustración de cuberta de ADRIÀ FRUITÓS
Raposos deambulando polos xardíns de Londres, xabarís nas rúas de Berlín, leopardos en Bombai, coiotes en Nova York, canguros en Camberra… Dende hai uns anos trátase dun fenómeno sorprendente e cada vez máis habitual. Os hábitats naturais destas criaturas degradáronse e resultan hostís para elas: contaminación, urbanización do terreno e extensión dos núcleos poboacionais, alteracións polo cambio climático… Por esa razón, e ante a falta de depredadores, xunto coa facilidade para atoparen alimento e refuxio, os animais salvaxes estanse instalando e adaptando ás cidades. A filósofa social Joëlle Zask pregúntase se, no futuro, chegarán a formar parte da vida cotiá da sociedade. As cidades non foron pensadas para convivirmos cos animais salvaxes; moi ao contrario, o actual estilo de vida humano é unha ameaza para a natureza. Tamén sería imposible e cruel rexeitar e exterminar toda esta fauna pola agresión irreversible que suporía á biodiversidade e ao equilibrio ecolóxico.
Esta interesante e necesaria investigación multidisciplinar sobre a natureza da cidade e mais a crise do salvaxe invita a cuestionar as nosas condicións de vida e a valorar a posibilidade dunha nova xeografía urbana que aspire a un ideal medioambiental, afastado da súa esencia antinatural. Como sería unha cidade onde as distancias e os espazos fagan posible a convivencia en harmonía entre as persoas e as feras? Nun mundo con tantas tensións ambientais, poderíase volver construír unha nova Arca de Noé?

Otros idiomas:
Colección: Vitamina N
Edad recomendada: Lectores expertos
Páginas: 216
Tamaño: 15,5 x 23
ISBN: 978-84-19213-00-6
Libros relacionados
Comprueba los artículos para añadir a la cesta o