Vitamina N
Unha guía de propostas creativas, divertidas e para todas as idades, animándonos a interactuar co mundo natural, que tantos beneficios físicos, intelectuais e emocionais proporciona: dende un paseo polo bosque ata mirar as estrelas.
Ilustración de cuberta de ADRIÀ FRUITÓS
Richard Louv sostén que o aumento galopante da tecnoloxía provocou a aparición do denominado trastorno por déficit de natureza. Acostumados durante milleiros de anos de evolución a adaptarnos a unha contorna, nos últimos tempos cambiamos o medio natural pola cidade; da comunidade rural pasamos a unha sociedade altamente urbanizada. Esta situación produce desordes nas funcións fisiolóxicas e psicolóxicas, agravadas segundo aumenta a exposición á velocidade e á hiperestimulación dos avances tecnolóxicos. O cerebro de nenos e mozos habituouse a manexar aplicacións en dispositivos móbiles e a consultar Internet nun ordenador portátil mentres simultaneamente escoitan ou ven series de televisión; para eles, a natureza tense reducido a un estímulo lento.
«Vitamina N» (de natureza) é un manual único, completo e práctico, para todas as idades, con máis de 500 consellos e propostas prácticas de actividades creativas, divertidas e eficaces para interactuar coa natureza: fórmulas para calmar os bebés, construir un glosario de termos naturais, unirse a clubs de natureza, axudar a reparar hábitats danados…
Despois dunha década entrevistando a familias rurais e urbanas dos Estados Unidos, Louv concluíu que moitos rapaces e adultos non teñen contacto abondo coa natureza. A crenza popular de que o medio natural exerce unha influencia positiva e directa sobre a saúde está pasando da teoría á demostración a través de investigacións con resultados convincentes.

Otros idiomas:
Colección: Vitamina N
Edad recomendada: Lectores expertos
Páginas: 320
Tamaño: 15,5 x 23
ISBN: 978-84-16721-50-4