Nogueiras, Paco

Nogueiras, Paco

(Santiago de Compostela, 1970)

Diplomado en Graduado Social, músico e actor. Tras formarse cos artistas Andrés Pazos e Fabio Mangolini, impartiu clases de teatro e dirixiu representacións en entidades culturais e escolas. Participou en grupos de música tradicional e foi creador da banda sonora de espectáculos teatrais, musicais, de danza e dunha serie infantil da TVG. Ten colaborado con varias formacións escénicas e musicais: Els Comediants, Os Quinquilláns, Ophiusa, Os Modernos, Os Tres TENedORES... Recibiu o Premio Martín Códax na categoría de Música Infantil en 2016 por «Brinca vai!» e 2021 por «Radio Bulebule». Ademais dos espectáculos baseados no seu repertorio, que suman máis de mil actuacións, participa na Campaña de Animación á Lectura de KALANDRAKA.
https://paconogueiras.com

 

4 artículos

Fijar Dirección Ascendente
por página