Brinca vai!
Doce cancións para doce meses, na escola e mais no fogar: a natureza, a amizade, as nosas festas, os libros... cantando e bailando ritmos contemporáneos de xeito lúdico. Con divertidos videos musicais e contidos adicionais na web
“Brinca Vai!” é un traballo colectivo que se presenta en varios soportes: libro ilustrado, CD con 12 cancións en galego e DVD con vídeos musicais gravados coa colaboración de escolares de varios colexios. A liberdade creativa é a principal característica das composicións, escritas e interpretadas por Paco Nogueiras cun amplo abano de estilos e contrastes, dende o techno ao rock, pasando polo reggae ou a música electrónica, con influencias tradicionais. Co obxectivo de achegar a tradición á actualidade mediante ritmos e estéticas contemporáneas, as cancións tratan sobre temas incluídos no currículo escolar: as estacións, a natureza, a lectura, a amizade, os xogos e as celebracións populares, festas como o Entroido, o Magosto, o Samaín ou o Nadal.
Seguindo o espírito lúdico e humorístico das composicións, as ilustracións de David Pintor destacan tamén polo seu ton trouleiro, caricaturesco e transgresor da realidade, con imaxes de moito colorido, expresividade e dinamismo, nas que aparece representado un alter-ego do intérprete ataviado co seu característico chapeu azul.
Os vídeos elaborados por Sr. Sagüillo complementan o carácter audiovisual deste traballo, co propósito de achegar ao eido educativo un material útil para a formación do alumnado, antes e despois dos 7 anos. É unha proposta de lectura, expresión musical e corporal, creatividade artística e aprendizaxe global en clave de diversión, que non remata coa publicación da obra, senón que busca a interacción e deixa aberta a porta á implicación do público escolar e familiar.

Colección: Música
Edad recomendada: A partir de 3 años
Páginas: 56
Tamaño: 16 x 16
ISBN: 978-84-8464-877-2
Premios : III PREMIO MARTÍN CÓDAX DA MÚSICA (MÚSICA INFANTIL)