Son animal
O bruar da vaca, o miañar do gato, o ladrar do can, o cacarexar da galiña... Ecos do mundo animal que inspiran os doce temas deste divertido libro-disco co que gozaremos de diferentes estilos musicais.
As doce cancións deste cuarto libro-disco de Paco Nogueiras teñen como protagonistas a vaca, a galiña, o porco, o burro… mais tamén a ra, o grilo… Habitantes do agro que o autor ten presentes dende a infancia pero que moitas nenas e nenos xa non coñecen de forma directa pola desconexión das vilas e das cidades co medio rural, cada vez máis despoboado. «Son animal» achéganos dun xeito divertido a esa fauna doméstica e silvestre a través dun xogo de palabras: dunha banda, apela á condición animal do ser humano en relación á biodiversidade do planeta; e ademais, dialoga con estas criaturas a través da linguaxe -ladrando, miañando, orneando, bruando, cacarexando…- coa que se comunican.
Son composicións que tanto describen as calidades físicas dos animais como os seus costumes e habilidades, ben de xeito poético, ben cun enfoque humorístico. E consonte coa riqueza sinfónica destas voces, son tamén moi variados os estilos: dende pezas con raigame tradicional galega e portuguesa, aos ritmos electrónicos, a balada acústica, o rock&roll ou o rap, pasando polos ecos do leste de Europa ou de terras andinas; unha viaxe musical polo mundo que invita a bailar e a cantar cos seus retrousos alegres e pegadizos.
As ilustracións de Marc Taeger, de trazos grosos, con fondos coloridos e luminosos, acentúan os riscos característicos dos animais, reforzando o sentido do humor e o afecto que producen os intérpretes desta singular orquestra.
«Son animal» complétase cun anexo que recolle algúns dos abundantes ditos, refráns e adiviñas de temática zoolóxica que atesoura a tradición oral.

Colección: Música
Edad recomendada: A partir de 3 años
Páginas: 40
Tamaño: 16 x 16
ISBN: 978-84-1343-205-2